Exposición polo 15 aniversario do Proxectoterra

Onte, día 6 de Xuño, inaugurouse, con motivo do 15 aniversario do proxectoterra, unha exposición conmemorativa que trata de ilustrar o traballo desta iniciativa no transcurso dos anos. A exposición está organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e pódese visitar desde onte na Rúa Cantón Grande da Coruña, máis comunmente coñecida como a praza do Obelisco.

A exposición está composta por 8 prismas, onde se mostra a evolución desta iniciativa ao longo do transcurso dos anos e a cooperación co mundo da educación.

Un exemplo representativo do que podes atopar nos diferentes prismas que conforman a exposición do 15 aniversario do proxectoterra, son os seguintes:

Na inauguración da exposición estiveron presentes personalidades como o Decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño, a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o alcalde da cidade da Coruña, Xulio Ferreiro.

O proxectoterra, nace no ano 2000, como unha iniciativa dirixida ás distintas etapas educativas, co obxectivo de axudar a mellorar o coñecemento que os estudantes deben saber sobre a arquitectura e a identidade territorial galega.

Ademais, esta iniciativa foi premiada no ano 2010 polo Ministerio de Fomento e no ano 2011  pola Fundación Premios de Crítica de Galicia.

A exposición finaliza o domingo día 12 de Xuño na cidade da Coruña, para continuar a súa viaxe polas 7 cidades máis importantes da comunidade galega: Ferrol, Santiago, Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo. A duración da exposición en cada unha das cidades esta prevista que sexa dunha semana.

Anímaste a visitar a exposición? Nós xa estivemos onte e encantounos. Deixámosche a dirección para que non te perdas 😉

¿Quieres seguir leyendo artículos de este estilo?

 Por favor, valora nuestro post.

Rate this post

¡Queremos saber tus impresiones!

Call Now ButtonLLAMAR AHORA